Atletismo Próximos eventos Sen categoría

CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2016

CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2016
3 DE ABRIL DE 2016
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2016 está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 3 de abril de 2016.

INSCRÍBETE EIQUÍ

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:30 H para a carreira Infanil-Cadete (2.500 m)
b. Ás 10:55 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.500 m)
c. Ás 11:15 H para a carreira Absoluta e Relevos (10.000 m.)
d. Ás 12:30 H para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:40 H para a carreira Pitufos (150 m)

2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
6. O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.
INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 7 de marzo.

As incricións para as carreiras INFANTIL-CADETE, BENXAMÍN-ALEVÍN, PREBENXAMÍN E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, O, P, Q), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 H do día 31 de marzo.
 Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
 Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M, N) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 31 de marzo.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 5,00 € en concepto de cuota de inscrición.
Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
As inscricións para a CARREIRA DE RELEVOS faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 31 de marzo.
Os participantes na CARREIRA DE RELEVOS, teñen que abonar 9,00 € por equipo en concepto de cuota de inscrición.

Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.

Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

6 Responses

    1. Hola.
      Los puedes recoger en el pabellón de deportes, el mismo día de la carrera, a partir de las 9 de la mañana.
      Un saludo

  1. Buenas noches! Me anote con una amiga a la carrera y ha sufrido un esguince en el trabajo. Habría alguna capacidad de cambiar si ficha por otro participante? Gracias de antemano por la respuesta

    1. tienes que ponerte en contacto con la empresa de chips (championchipnorte.com), a ver que te dicen.
      Por nosotros no hay problema.

  2. Hola,

    La carrera sale delante del Pabellón de deportes (por la calle dous de maio) y luego sigue por la Av. del Río Limia o por la Rúa Ladeira??
    Gracias.

    1. Hola Ángel.
      De la salida. sigue por toda la Dous de Maio, hasta llegar a calle Ladeira, donde se gira a la derecha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *