Sen categoría Sin categoría

O TEMPORAL DE VENTO E CHUVIA NON PUIDO COA CARREIRA DE XINZO

O pasado domingo día 3 de abril, celebrábase en Xinzo de Limia, a Carreira Popular Xinzo de Limia 2016, organizada pola Concellería de Deportes.

As previsións metereolóxicas non eran as mellores para a práctica do atletismo, pois o frío, a chuvia e fortes rachas de vento fixeronse notar na mañá do domingo.

Aínda así, as cinco carreiras se puideron celebrar tal e como estaban previstas pola organización, sen ningunha incidencia destacable.

Comezaba a xornada coa carreira infantil e cadete, cun percorrido de 2.300 m onde gañaban Álex Dominguez (C. A. Fontes do Támega) e Miriam Cerdeiriña (C. A. Fontes do Támega) en categoría cadete, e Gabriel González (C. A. Fontes do Támega) e Adriana García (C. Afiauto Verín) en categoría infantil.

Cun pequeno retraso, por mor do temporal, dábase a saída a carrira benxamín e alevín.

Javier Malingre (Ourense) e Emma Argibay (O Pino) gañaban en categoría alevín, e Miguel Carbajales (Club Ourense Atletismo) e Carmen Castillo (Xinzo de Limia) o facía en benxamíns.

O temporal parecía que ía a respetar  o resto da mañá, cando se daba a saída da carreira absoluta con preto de 250 participantes.

Rubén Diz (Gimnastica de Pontevedra), lograba a victoria absoluta seguido por Luis Iglesias (C. A. Arenteiro) e Saturnino González (Veteranos Ourense).

En mulleres o primeiro posto foi para Sonia Teijeiro (Veteranos Ourense), acompañada por Vicky Losada (Ourenrunning-Coolsport) e Marina Losada (Ourenrunning-Coolsport).

podium absoluto

Por primeira vez, a organización daba a opción de participar nunha proba de relevos, con equipos mixtos formados por dúas mulleres e un home, que tiñan que completar unha volta cada un ó circuito de 3,3 km.

En relevos o equipo gañodor foi para Correcaminos (Alba, Ziad e Miriam) seguido por 2fast1furious (Ángeles, Ángel e Victoria) e Los Flash (Laura, Erik e Leticia).

En canto o podium dos atletas locais, os gañadores foron Roberto Feijoo (A. D. Limiactiva), Francisco Rodríguez (Burgas Atl. Ourense) e Xulio Marra en homes e para Aurora López (Vigorunners), María Asunción Caneda e Marta Ferreiro (A. D. Limiactiva) en mulleres.

O premio para o atleta mais veterán volveu a recaer en Manuel Fernández Ledo (81 anos) e o do mais novo en Martín Losada (19 meses).

Na carreira prebenxamín os gañadores foron Noa Rodríguez e Miguel Santanta na categoría dos nados en 2009 e Inés Carrera e Airas Vázquez na categoría 2010.

Por último dábase a saída a carreira de Pitufos cunha numerosa participación a pesar do mal tempo que facía. Preto de 30 xovenes atletas cruzaron a meta e levaron cadansúa medalla de mans do Concelleiro de Deportes Luis Miguel Gil.

3 Responses

    1. Hola.
      Nos non temos, pero podes porte en contacto con Erik Alfonso a través do seu facebook, e seguro que che pasa algunha.
      Moitas grazas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *