Sen categoría Sin categoría

Raúl e Lucas medallistas no Campeonato Galego

Non podía ser mellor a despedida da tempada da Escola de Atletismo Limiactiva, pois o pasado sábado día 11 de xuño, no Campionato Galego de Pista, que se celebrou no Barco de Valdeorras, os nosos atletas troixeron dúas medallas para casa.

Na xornada de mañá, comezaba Lucas Carnero na carreira de 1000 m marcha benxamín, entrando en meta na segunda posición cun crono de 5:47.79, acadando o subcampionato galego.

Paula Rodríguez, quedaba 13º na proba de lanzamento de xavelina alevín, cunha marca de 11,62 m.

Xa pola tarde, Raúl Lorenzo (7:09.29) se proclamaba campión galego de 2000 m alevín, nunha carreira moi igualada, que fixo que tiveramos que esperar ós resultados da Foto Finish, que finalmente daba como gañador ó noso atleta por unha centésima.

Marcos Jardón conseguía a 11º praza ca carreira de 1000 m alevín, parando o tempo en 3:43.87.

Breixo Salgado, que participaba na proba de 3.000 m infantil, non puido rematar a súa carreira por problemas físicos.

Con esta proba, e a espera de que celebre a Nocturna de Xinzo de Limia, damos por rematada unha exitosa temporada da Escola de Atletismo.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *