Sen categoría Sin categoría

ORIENTACIÓN NA ESCOLA – MUÍÑOS

O mércores día 1 de xuño, visitamos o C.E.I.P. Valle Inclán de Muíños, para realizar unha actividade de ORIENTACIÓN NA ESCOLA, incluída dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

No seguinte enlace podedes ver a nova no blog do colexio así como o album de fotos que fixeron as profesoras.

CEIP Valle Inclán

“O mércores 1 de xuño, realizamos a actividade lúdica Deportiva “Orientación na escola” ofertada dentro do programa Xogade. Viñeron ao centro tres membros da Asociación Deportiva Limiactiva, entre os que se atopaba o campión de España de Orientación, co obxecto de amosarlle os alumnos de primaria as nocións básicas desta disciplina deportiva. Foi unha xornada lúdica, divertida e deportiva na que aprenderon, en forma de xogo, como interpretar un plano, manexar un compás, trazar un rumbo e empregar os materiais específicos de Orientación (balizas, pinzas, fichas técnicas…). Dende aquí queremos expresar o noso agradecemento aos membros de Limiactiva por facernos pasar uns intres tan amenos.

Se queres ver o ben que o pasamos fai click aquí”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *