Atletismo Sen categoría

Luis Iglesias e Ana Mª Ocampo gañan a Nocturna de Xinzo

O sábado día 18 de xuño disputouse a 12ª edición da Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa A. D. Limiactiva.

Foron moitas as inscricións recibidas, que superaron ás 340, polo que a organización esperaba unha gran participación para a tarde do sábado.

As probas comezaban ás 20:15 h coa carreira Benxamín-Alevín na que gañaron Álex Sierpes e Carmen Castillo en benxamíns e Raúl Lorenzo e África Gómez en alevíns.

Ás 20:30 h dábase a saída á carreira Infantil-Cadete, cun percorrido de aproximadamente 1.500 m.

Alejandro Blanco e María Vega gañaban na categoría Infantil e Fiz Losada e Miriam Cerdeiriña o facían na cadete.IMG_0512

Despois, turno para os mais pequenos coas carreiras Prebenxamíns e Pitufos.

Miguel Santana e Noa Rodríguez foron os primeiros en cruzar a meta na categoría prebenxamín mentres que na carreira Pitufos, con mais de 30 participantes, todos recibiron a súa medalla que acriditaba a súa participación na proba.IMG_0619

Ás 21:30 h dábase a saída á última das carreiras, turno para a proba absoluta, onde participaron mais de 200 atletas das categorías xuvenil, júnior, promesa, senior e veteranos.

Os pódium absoluto estivo formado por:

  1. Luis Iglesias (19:13) e Ana María Ocampo (23:50)
  2. Ignacio Feijoo (20:34) e Marina Losada (25:37)
  3. Julio Novoa (20:36) e Lorena Calvo (26:11)IMG_0718

Tamén destactar o pódium dos atletas locais, con:

  1. Ziad Nagihi (20:55) e Laura Pérez (20:32)
  2. Julio Marra (21:21) e Aurora López (30:63)
  3. Julio Rodríguez (21:35) e María Amada Dacal (31:07)

O trofeo para o atleta mais novo foi para Iago Hermida-Cachalvite (novembro de 2014) e o de maior idade para José Fernández Barracel (70 anos).IMG_0654

Esperámosvos noa 13ª edición.

Fotos: Miriam Opazo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *