Atletismo Escola de Atletismo Sen categoría

Said Abdoum gaña a San Martiño 2016

Unha fin de semán para recordar durante o resto das nosas vidas. Así describirían a xornada do domingo día 20 de novembro so socios da A. D. Limiactiva.

Por un lado, celebrábase en Ourense a 40ª edición da San Martiño, con mais de 11.000 inscritos.

Ás 11:o0 h, tomaban a saída os atletas da carreira absoluta cunha alta participación do noso clube, con case 40 “amarelos” debaixo da forte choiva que caía neses momentos.

Destacada actuación de Nouh Bechiki (5º Junior Masc), Juan José Quintas (15º Veterano E) e Irene Morales (8ª Junior Fem.).

Ás 12:30 h, turno para a proba escolar, onde teríamos unha das alegrías do día, o proclamarse campión cadete masculino Said Abdoum Bechiki, cun tempo de 0:15:53.said-san-martino

Moi boa actuación dos nosos xovénes atletas con Ziad Nagihi (4º xuvenil masc.), Kevín Rodríguez (8º cadete masc.), Breixo Salgado (27º cadete masc), María Penín (37º Infantil fem.) e Carmen Castillo (15º alevín fem.)

Magoa da caída de Anass Nagihi nesta carreira, que provocou o abandono do atleta da A. D. Limiactiva.

Unha vez rematada as carreiras de Ourense, chegaban boas novas desde Valencia. Onde 6 valientes se enfrentaban ós temidos 42 km e 195 m da maratón.

Roberto Feijoo (2:51:06)

Cristian Dalama (2:54:31)

Iván Álvarez (3:29:19)

Xoan Antón Losada (3:29:19)

Sira Cebreiros (4:01:40)

Laura Velasco (4:33:13)

Mellor marca persoal para Roberto e Cristian, y un moi bo debut na distancia para o resto de integrantes da expedición.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *