Escola Slider

LIMIACTIVA REMATA CON SOBRESAÍNTE A TEMPADA DE CAMPO A TRAVÉS

Co Campionato Galego Escolar de Campo a Través que se celebraba hoxe sábado na Estrada, demos por finalizada a tempada de cross 15-16.

Valoración mais que positiva para os nosos atletas, pero en concreto para o equipo cadete masculino, formado por Anass Nagihi, Kevín Rodríguez, Marco Nube Lema, Pablo Nogueiras e Said Abdoum, que lograban proclamarse Campións Galegos de Campo a Través Escolar.

Exitosa tempada a deste grupo de xóvenes atletas que comezaban a colleitar éxitos co primeiro posto no Campionato Provincial de Campo a Través de A Rúa, o 10 de xaneiro.

O 31 de xaneiro, viaxaban ata Friol, para participar no Campionato Galego de Campo a Través, no que acadaban a segunda posición a tan só un punto do Ría de Ferrol, e ademais conseguían unha praza para participar no Campionato de España, e representar por primeira vez a un equipo limián nunha proba de esta categoría.

O 13 de febreiro, en Ribadavia, eran Subcampións Galegos de Campo a Través por Relevos Mixtos, con Rebeca Sotelo, Carla Domínguez, Yaiza González e Nuria Pazos, formando parte dos equipos.

A participación no Campionato de España era o obxetivo principal dende o principio da tempada. Obxetivo que se fixo realidade o 28 de febreiro, nun escenario inmellorable, como o Hipódromo de La Zarzuela en Madrid. O equipo cadete remataba a proba na 30º posición.

E para rematar, o día 6 de marzo Campións Provinciais de Campo a Través Escolar en Monterrei (Ourense) e hoxe 12 de marzo Campións Galegos de Campo a Través Escolar na Estrada (Pontevedra).

Noraboa rapaces e adestradores e moitas grazas por facernos partícipes dos vosos éxitos.

20160312_13482920160312_13483520160312_13482220160312_13475620160312_134749

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *