Escola Slider

Limiactiva no Campionato de España de Campo a Través

O Hipódromo de la Zarzuela foi testemuña do bo debut da Asociación Deportiva Limiactiva nun campionato de España.
Os atletas de categoría cadete viaxaban coa intención de facer o mellor papel posible e desfrutar de esta gran experiencia.
Pese ás molestias físicas de un dos compoñentes do equipo, os cinco atletas lograron rematar a carreira. Anass Nagihi (85º), Pablo Nogueiras (136º), Kevin Rodríguez (151º), Said Abdoum (169º) y Marco N. Lema (237º), acadando a trixésima posición por equipos, despois de percorrer os 4.885 metros dun percorrido esixente por terra, herba e area.
Tanto atletas, adestradroes e clube están moi orgullosos do papel realizado nesta primeira participación a nivel estatal
Agora toca loitar polo Campionato Provincial e Galego Escolar de Campo a Través, que se correrán nas dúas vindeiras semanas, para rematar unha gran temporada de cross.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *