Atletismo

SAN SILVESTRES 2016

E rematou 2016, un bo ano para a A. D. Limiactiva, pois acadáronse resultados moi importantes e seguimos crecendo en númeoro de asociados.

A maioría dos que participaron nalgunha San Silvestre das que se organizaban na provincia optaron pola Derradeira da Allariz.

Case 50 socios da A. D. Limiactiva se daban cita nesta proba que organiza o Concello de Allariz.

Aínda que non era unha proba competitiva, queremos destacar a terceira posición do noso atleta cadete Said Abdoum, na proba absoluta.

A San Silvestre Ourensá, foia a mais multitudinaria, con mais de 1000 inscritos en todas as categorías. Alí participaron Marcos Rodríguez e Eva Cebreiros, que tamén disfrutaron do bo ambiente que había á beira do Barbaña.

Os que estivemos en Allariz non esqueceremos a pedida de man de Iván a Leticia, en medio da Praza Maior e rodeados polo seus compañeiros de clube. Dende eiquí queremos desexarlle moita felicidade nesta nova etapa das súas vidas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *