Atletismo Slider

XVII CROSS POPULAR DE BOBORÁS

O pasado domingo tiña lugar a celebración da XVII Edición do Cross Popular de Boborás.

Desta vez eran máis dunha ducia os atletas do clube A.D. Limiactiva que se atrevían a desafíar o frío nunha proba que congregaba a máis de 300 inscritos en tódalas categorías.

Nesta ocasión tódolos integrantes que nos representaban pertencían a categoría absoluta, tanto femenina como masculina, rematando todos eles con éxito a proba. Cabe unha mención especial para o noso compañeiro Daniel Quintairos, que se facía co primeiro posto na súa categoría VET M2, cun tempo de 35:41 aventaxando en case un minuto o segundo clasificado. Noraboa Daniel.

E felicidades tamén a todos os que participastedes nas diversas probas da fin de semana.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *