Circuito de Orientación Eventos Orientación

ORIENTACIÓN INDOOR (29/01/17)

O diario La Región en colaboración coa A. D. Limiactiva, Clube Peña Trevinca, Federación Galega de Orientación e Deputación Provincial de Ourense, organiza unha proba de Orientación Indoor, o domingo 29 de xaneiro.

Desta vez, o lugar elexido é o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, un marco incomparable para unha proba deste tipo, ideal para iniciarse neste fantástico deporte.

A partir das 16:30 h abriranse as portas do pavillón auxiliar, lugar de concentración dos participantes, onde se repartiran as tarxetas Sportident e se explicarán as probas previstas para esta xornada.

Ás 17:00 h, comezarán a saír os primeiros corredores, que terán que completar un percorrido en linea, ata conseguir picar en todos os controis marcados no mapa.

Unha vez que todos os participantes rematen a primeira proba, e comece a escurecer, apagaremos as luces do percorrido. Proba nocturna na que os corredores farán uso da súa linterna frontal, que lle iluminará o camiño en busca das balizas marcadas no mapa.

A organización prestará tarxetas Sportident ós participantes que non a teñan en propiedade.

As incricións xa están abertas, e podedes facelas no enlace de mais abaixo, ata o xoves ás 23:59.

Esperámosvos a todos o domingo no Pazo dos Deportes Paco Paz. ¡¡ Non faltedes !!

NOTA IMPORTANTE: A PRIMEIRA DAS PROBAS PROGRAMADAS É A VALEDEIRA PARA A COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN E O CIRCUITO LIMIACTIVA DE ORIENTACIÓN 2017.

RESULTADOS DA PRIMERIA DAS PROBAS

RESULTADOS PROBA NOCTURNA INFANTIL-CADETE-SENIOR E VETERÁNS

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *