Actividades Atletismo Slider

ADESTRAMENTO TRAIL CON RUN MANIAK

O pasado día 22 de xaneiro, catro das nosas atletas (Eva, Gloria, Laura e Sira) compartiron a mañá coa Escola de Trail  de “Run Maniak – Tienda de Atletismo y Trail Running”.

Para as nosas atletas foi unha gran mañá xa que tiveron a oportunidade de compartir  quilómetros con moitos corredores pola ruta de Esgos. O grupo de iniciación fixo 15 quilómetros ascendendo ata a Capela da Virxe do Monte. E os máis avanzados fixeron 18 quilómetros.

Hai que reflectir que nesta escola de Trail fomentase o compañeirismo, e dende o noso clube animamos a participar ao resto de clubes da nosa provincia nestas quedadas. Xa que a parte de practicar este marabilloso deporte en entornos paixasísticos fermosos (neste caso Esgos), fomentase tamén valores como son o compañeirismo, traballo en equipo e cooperación.

Moitas grazas pola vosa acollida Run Maniak.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *