Atletismo Slider

MEDIA MARATÓN VIANA DO CASTELO (22/01/17)

Outra cita ineludible agardaba ós nosos atletas a pasada fin de semana. Desta volta tratábase da media maratón celebrada na veciña localidade de Viana do Castelo (PT), unha cita que cada ano resulta máis atractiva para os nosos corredores.

Na liña de saída situábanse oito dos nosos compañeiros: o noso veterán Daniel Quintairos; un asiduo desta proba como é Pablo Penín; o recién chegado José Ángel “Rómulo”; os incombustibles Roberto P. Zarraquiños e Tomás e outro habitual da proba como é Iván Álvarez. Destacamos de forma especial os outros dous asistentes que son: Erik Alfonso, que desta vez aparcou a cámara para debutar na media distancia e Luis Hermida, que obtiña unha grandísima MMP na recta final da súa preparación de cara o próximo maratón de Sevilla.

Noraboa a todos e sorte ós compañeiros que participarán nas distintas probas do vindeiro fin de semana.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *