Escola Escola de Atletismo Slider

DOUS SUBCAMPEONATOS NO GALEGO DE PISTA CUBERTA

Moi bos resultados os que se traen os nosos atletas que participaron no Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Pista Cuberta, que se celebrou na pista de Riazor na Coruña.

Said Abdoum participaba no 3.000 m cadete, proba na que acadaba a 2º posición con 9:43:21, por detrás de El Medhi (9:29:87), un dos mellores fondistas nacionais do San Paio da Estrada.

Completou o podium cadete Amine Bensoultana (9:50:65), tamén do San Paio.

Na proba de 3.000 metros xuvenil, participaban os irmáns Nagihi.

Ziad acadaba o subcampionato galego cunha marca de 9:30:36, por detrás de Arturo Ramos (9:25:87) do Clube Atletismo Santiago e con Iván Salgado (9:31:71) do Comesaña en terceira posición.

O seu irmán Anass, non puido completar a carreira por problemas físicos, despois de ir ós primeiros 1.500 m co grupo de carreira, tivo que abandonar.

O próximo domingo, temos unha cita co campo a través en A Baña (A Coruña), onde acudiremos cunha boa representación da Escola de Atletismo Limiactiva.

Noraboa a todos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *