Atletismo Escola de Atletismo Orientación Slider

UNHA FIN DE SEMÁN MOI COMPLETA

Xa queda atrás outra fin de semana intensa no que atletismo se refire. Se o sábado os nosos rapaces o daban todo na Coruña no Campeonato Galego de pista cuberta, o domingo era o turno dos nosos maiores. Ata Lalín viaxaban nada menos que 11 dos nosos atletas: 5 compoñentes da categoría femenina e 6 da masculina, para afrontar a que era a VII Edición da Carreira do Cocido. Unha carreira que contaba cun percorrido de 10.000 metros a carón do río e polo casco urbán da propia vila e que congregaba a un total de 305 participantes. Con esta proba xa rematada, daba comezo en Ribadavia o Campeonato Galego de Campo a Través masculino e femenino. Desprazábanse ata esta cita 3 dos nosos atletas, enfrontándose a un esixente percorrido de 9 km no que predominaba un intenso barrizal e no que destacaba o altísimo nivel na inscripción, acollendo a moitos dos mellores atletas do momento.

Completando esta xornada atlética tiña lugar no pabellón Paco Paz de Ourense a una proba indoor da Copa Deputación de Orientación, unha exitosa proba que facía desfrutar a nenos e non tan nenos dunha xornada de orientación na que triunfou a proba a escuras. Desta última cita dábase eco o xornal La Región no seu suplemento +DEPORTE do pasado martes.

Sorte e kilómetros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *