Escola de Atletismo Slider

O ATLETISMO LIMIÁN DE NORABOA

Estupenda actuación dos nosos xóvenes atletas no Cross Alejandro Lorenzo e no Campionato Galego de Campo a Través celebrado este domingo en A Baña (A Coruña).

Nunha mañá moi cambiante no que a metereoloxía se refire, pois tivemos de todo e para todos os gustos: sol, chuvia, vento, granizo, momentos de calma…, os atletas da A. D. Limiactiva sacaron a súa mellor versión para tratar de acadar uns resultados dos que estamos moi orgullosos.

Comezaba a nosa participación con Rodrigo Díaz (42º), na proba alevín masculina e con María Penín (33º) e Desiré Sorga (Abandono) na infantil feminina.

Mauro Feijoo (32º) e Joao Morales (38º) participaban na carreira infantil masculina.

Na carreira do Campionato Galego Cadete Masculino, Said Abdoum lograba a medalla de prata, por detrás de El Medhi e con Amine Bensoultana (3º) completando o pódium.

Moi boa carreira de Kevin Rodríguez (7º), Pablo Nogueiras (29º) e Breixo Salgado (54º) que acadaron a terceira posición por equipos, tan so a 2 puntos da clasificación para o Campionato de España, ó que acudirán o San Paio da Estrada (1º) e o Ourense Atletismo (2º).

Na proba do Campionato Galego Xuvenil, terceira posición para Ziad Nagihi. O seu irmán Anass cruzaba a meta na 24º posición.

Noraboa a todos: atlletas e adestradores, por facernos disfrutar desta xornada de campo a través.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *