Escola de Atletismo Slider

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O equipo cadete masculino da A. D. Limiactiva, formado por Said Abdoum (1º), Kevin Rodríguez (4º), Pablo Nogueiras (7º) e Breixo Salgado (9º) revalida o título de Campión Provincial de Campo a Través.

O equipo limián (12 puntos) conseguía superar esta vez ó Ourense Atletismo (14 puntos) e O Ribeiro (44 puntos), nunha carreira que dominou Said, entrando en solitario na liña de meta. Ourense Atletismo e Limiactiva serán os representantes, na categoría cadete, da provincia de Ourense no Campionato Galego de Campo a Través que se celebrará en Villalba o día 11 de marzo.

Na categoría infantil, Desiré Sorga rematou na posición 31º da proba feminina, e Raúl Lorenzo (8º) e Daniel Rodríguez (36º) completaban a súa carreira na masculina.

Raúl Lorenzo acadou a clasificación para o Campionato Galego de Campo a Través.

Paula Rodríguez (29º) e Carmén Castillo (32º) participaban na proba alevín feminina, e Rodrigo Díaz (46º) e Manuel González (64º) o facían na carreira alevín masculina.

Boa participación dos benxamíns da Escola de Atletismo Limiactiva, con Noa Rodríguez (70º), Paula Pérez (74º) e Noa Feijoo (78º), que completaban os 800 m da carreira feminina e David Quintas (36º), Mohamed Nagihi (38º) e Iago Graña (74º) facían a mesma distancia na proba masculina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *