Damos por rematada a tempada de campo a través acadando o Subcampionato Galego Escolar Cadete Masculino.
Un pódium cun sabor agridoce, pois os nosos rapaces partían como un dos equipos favoritos para acadar o triunfo despois de gañar o Campionato Provincial, pero esta vez non puido ser, e a victoria foi para o Ourense Atletismo cun Martín Rivera espectacular (2º) e cos seus compañeiros de equipo completando unha carreira perfecta.
Tiñamos moi claro que non chegábamos no noso mellor momento: Said acababa de sair dunha lesión de 2 semanas e Pablo con falta de adestramentos, pero tocaba loitar cada posto para acadar os menos puntos posibles.
Ás 11:30 h dábase a saída a proba cadete, con 4.400 metros de percorrido, nun circuito moi pesado e esixente que combinaba prados, área e unha pista de atletismo de terra.
Despois da primeira volta formouse un grupo de 7 corredores no que se meteu Said con El Medhi, Amine e Martín. A falta menos de 1 km, El Medhi facía un cambio de ritmo que estiraba o grupo e que facía que tan so Martín Rivera lograse seguir a súa estela.
Finalmente o podium da proba estivo formado por El Medhi (1º), Martín Rivera (2º) e Amine Bensoultana (3º).
Said loitou ata o final polo 6º posto, e terá que esperar para ver si é convocado polo seleccionador para participar no Campionato de España coa Selección Galega Cadete, Kevin Rodríguez rematou de 12º, Pablo Nogueiras 27º e Breixo Salgado (36º).
Noraboa rapaces, e moitas grazas a todos os que se preocuparon e nos axudaron unha vez rematada a carreira.