Orientación Slider

JOAO MORALES CAMPIÓN PROVINCIAL INFANTIL DE ORIENTACIÓN

O pasado venres día 10 de marzo, celebrábase en Cenlle o Campionato Provincial Escolar de Orientación, cunha nutrida participación de corredores das categorías infantil e cadete de varios centros de ensino e clubes da provincia.

Un dos datos que demostra que a este deporte está crecendo, é que houbo preto de 300 inscricións recibidas e unha participación de 253 xóvenes orientadores, cando fai poucos anos non se chegaba á centena de particpantes.

Moita participación de corredores limiáns, cunha excelente implicación do I.E.S. Lagoa de Antela e os seus mestres de Educación Física.

Entre os resultados mais importantes da A. D. Limiactiva, destacar o primeiro posto de Joao Morales, que se proclama Campión Provincial Infantil e o 4º posto de Juan Garrido.

Noraboa ós participantes e o equipo organizador.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *