Escola Escola de Atletismo Slider

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR AUTONOMÍAS

Os nosos atletas xa están de volta, traen con eles moi bos resultados e una experiencia inesquecibel.

Said voltaba a competición despois de unha lesión e de unha carreira con problemas físicos no Campionato Galego, pero este cadete non deixa de sorprendernos e logrou un meritorio posto 43º, parando o crono en 17:57 e sendo o 3º galego en cruzar a meta.

O equipo galego cadete acadou a 8ª posición con El Medhi (2º-16:50), Amine Bensoultana (41º-17:56), Hugo García (50º-18:06), Gabriel Canedo (74º-18:41) e Martín Rivera (95º-20:37).

Ziad, participaba na proba xuvenil, facendo unha moi boa carreira, entrando en 28º posición cun tempo de 20:54, e sendo o 3º galego en cruzar a meta.

A selección galega xuvenil acada o 4º posto con Arturo Ramos (14º-20:29), Pedro Osorio (19º-20:45), Aldo Rey (30º-20:56), Diego Alonso (53º-21:26) e Iván Salgado (55º-21:29).

As nosas felicitacións para a Selección Galega Cadete Feminina, polo seu 3º posto neste Campionato de España.

Noraboa a todos.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *