Escola de Atletismo Slider

Campionato Galego Cadete-Xuvenil. Ferrol

O pasado domingo día 4 de xuño, celebrouse nas pistas de A Malata de Ferrol o Campionato Galego Cadete e Xuvenil.

Ata alí nos desprazamos con 4 atletas da A. D. Limiactva, Ziad Nagihi que participaba na proba de 3.000 m xuvenil acadando a 4ª posición e parando o crono en 9:22.07.

O seu irmán Anass participaba na proba de 800 m, rematando na 8ª posición con 2:07.14.

Kévin Rodríguez conseguía unha mericidísima medalla de bronce na proba de 600 m cadete con 1:34.65 e Said Abdoun proclamábase Campión Galego de 1.000 m cadete, cruzando a liña de meta coa súa mellor marca persoal na distancia (2:41.16).

Said participará coa selección galega cadete no Campionato de España por Autonomías que se celebrará en Lorca (Murcia) os días 17 e 18 de xuño, ademais de participar no Campionato de España Cadete, esta vez representado a A. D. Limiactiva en Murcia.

Noraboa a todos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *