Orientación Slider

COÑECE O MEU CLUBE – CARLOS CASARES 2017

Un ano mais, a Asociación Deportiva Limiactiva volveu o C.E.I.P. Carlos Casares de Xinzo de Limia para compartir cos rapaces e rapazas de 6º curso unha xornada de orientación deportiva.

Comezamos visualizando un video sobre as actividades de Limiactiva, para despois pasar a explicar en qué consiste a orientación, coas súas modalidade, características dos mapas e maneño da brúxula.

Unha vez adquiridos os coñecementos, tocou poñelos en práctica cunha proba de orientación no mapa do centro escolar e rematamos cun xogo de memoria utilizando o sistema de control e cronometraxe Sportident.

Os 38 nenos e nenas participantes na xornada, implicáronse a fondo nas actividades programadas e mostraron moito interese neste bonito deporte.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *