Escola de Atletismo Slider

RODRIGO DÍAZ SUBCAMPIÓN GALEGO

Boas novas nos chegaron dende Balaídos en Vigo, onde a Federación Galega de Atletismo organizaba o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil de pista o pasado domingo día 11 de xuño.

Rodrigo Díaz, proclamábase Subcampión Galego Alevín en salto de lonxitude cunha marca de 4,14 metros, distancia que acadou no primeiro dos seus intentos e na proba de 60 m lisos acadou a 7 posición con 9.07 segundos.

Ata Vigo, tamén se desprazaron Lucas García (16º) 6,48 m en lanzamento de peso alevín, Paula Rodríguez (8ª) con 13,25 m en lanzamento de xavelina e 4ª en lanzamento de peso alevín con 7,13 m, María Penín (14ª) con 15:20.26 nos 3.000 m alevíns femininos, Mauro Feijoo (13º) nos 22o metros valados parando o crono en 39.26 segundos, sendo ademais 10º nos 1.000 metros obstáculos con 4:05.44.

Noraboa a todos.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *