Atletismo Escola de Atletismo Slider

MEDALLA DE PRATA PARA SAID NO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

Said Abdoun, acadou a medalla de prata na proba de 1.000 m con Campionato de España Cadete por Autonomías, que se celebrou en Lorca (Murcia) os pasados 17 e 18 de xuño.

Said logrou a convocatoria coa selección ó proclamarse Campion Galego na distancia de 1.000 metros o 4 de xuño en Ferrol coa súa mellor marca persoal 2:41.16.

Pero este xoven atleta nos tiña preparada outra gran sorpresa cando dende Lorca nos chegan noticias de que remata a súa proba en segunda posición cun tempo de 2:34.69, nunha carreira rapidísima na que o campión Fidaku Gonzalez (Castela e León) tamén fixo marca persoal con 2:31.01.

A selección Galega rematou a competición en 8ª posición en homes e 5ª posición en mulleres.

Con estes rexistros Said segue primeiro no Ranking Galego na distancia de 1.000 m e colócase segundo no Ranking Nacional.

A próxima cita será a fin de semana do 1 e 2 de xullo, cando competirá en Murcia no Campionato de España Individual Cadete.

Merecida medalla tralo esforzo de toda a tempada, polo que son moitas as felicitacións que nos chegan a Limiactiva polo éxito de este mozo.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *