Eventos Orientación Próximos eventos Slider

XORNADA DE ORIENTACIÓN – CRUZ VERMELLA

¡¡ ATENCIÓN !! NOVA DATA

MARTES DÍA 11 DE XULLO

A Cruz Vermella de Xinzo de Limia, en colaboración coa A. D. Limiactiva, o Concello de Xinzo de Limia e Protección Civil, organiza unha Xornada de Orientación a Pé polas rúas da vila de Xinzo.

O lugar de concentración será o Parque de O Toural, ás 19:30 h. Hora prevista para a recepción de participantes e entrega de tarxetas de control.

Ás 20:00 h se comezará a dar as saídas ós primeiros participantes, que terán que atopar as balizas polas rúas de Xinzo, no menor tempo posible.

A cuota de inscrición é mercar un boleto do Sorteo do Ouro, e poderase facer presencialmente en Centro Sport e nas oficinas da Cruz Vermella de Xinzo (Estación de Autobuses).

A inscrición tamén se pode facer online no seguinte enlace (o boleto do Sorteo do Ouro será pagado e retirado cando o mesmo día da competición)

INSCRÍBETE EIQUÍ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *