Orientación Slider

MARTÍN MORALES SUBCAMPIÓN IBÉRICO H45

O orientador da A. D. Limiactiva, Martín Morales, ven de proclamarse Subcampión Ibérico na categoría H-45, no Campionato Ibérico Masculino de Orientación a Pé, que se celebrou na localidade portuguesa de Montalegre, durante os días 16 e 17 de setembro.

Martín gañou a proba de distancia media, acadou a 5ª posición na distancia sprint e rematou 3º na proba de distancia longa, polo que logrou sumar 2.814,74 puntos que o levaron a ocupar o segundo lugar no podium.

Representando a Limiactiva tamén participaron:

Irene Morales – 11º na distancia Sprint, 8º na distancia media e 11º na distancia Longa. Categoría D18.

Joao Morales – 19º na distancia Sprint e 11º na distancia Media na categoría H14.

Juan Garrido – 23º na distacióna Media e 27º na Sprint en H14.

Xosé Miguel Barrios – 8º en H21B na distancia Sprint.

Na clasificación por equipos, a A. D. Limiactiva rematou na 34º posición con 687,52 puntos.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *