Orientación Slider

DERRADEIRA XORNADA DA COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN 2017

Este sábado día 21 de outubro, celebraremos a 5ª e derradeira xornada da II Copa Deputación de Orientación 2017.

Unha nova proba urbana, que se desenrolará no casco vello da cidade de Ourense, coa Praza Maior como lugar de concentración de participantes, saída e meta dos percorridos.

Ás 16:30 comezamos coa recepción de participantes, entrega de tarxetas Sportident e explicación da proba.

Ás 17:00 h saída dos primeiros corredores.

Ó tratarse da derradeira proba da Copa Deputación, entregaremos trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría, tras computar ás súas 3 mellores puntuacións das 5 probas que se organizaron.

Xunto co Diario La Región, o Clube Peña Trevinca de O Barco, Deputación de Ourense e Federación Galega de Orientación, esperamos que disfrutedes da proba.

Artigo La Región

Artigo La Región

Galería de fotos de La Región

Descargar (PDF, 12KB)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *