LIMIACTIVA

A Asociación Deportiva Limiactiva, é un proxecto que nace o 5 de xuño de 2005, impulsado por un grupo de amigos deportistas, que deciden fundar un clube de atletismo como unha alternativa mais de ocio na comarca da Limia.

A primeira directiva estivo formada por:

  • Óscar Gómez (Presidente)
  • Cristina Pérez (Secretaria)
  • Francisco Rodríguez (Tesoureiro)
  • Miguel A. Díaz (Vocal)
  • Juan Seara (Vocal)

http://limiactiva.com/wp-content/uploads/2011/07/logo-1-limiactiva.png

Nos primeiros anos de andadura, vanse sumando socios, na súa maioría atletas veteráns e pouco a pouco o clube vai collendo forma, marcando un punto de inflexión na súa traxectoria cando en 2009 nos facemos cargo da Escola Deportiva Municipal de Atletismo e comezamos a organizar eventos deportivos para promocionar a práctica do atletismo, demostrando unha gran capacidade de organización e participación.

Nestes primeiros anos, a A. D. Limiactiva mantén unha sólida traxectoria y vai colleitando algúns éxitos individuais e por equipos, tanto en ruta, como en campo a través e pista.

IMG_1038

Na actualidade, a Asociación Deportiva Limiactiva, conta nas súas filas cun total de 140 socios, entre os que encontramos deportistas maioritariamente da comarca de Limia, pero tamén con atletas de outros lugares da provincia de Ourense e de Galicia.

Dende a A. D. Limiactiva, tratamos de impulsar o atletismo de base, capacitando a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, nas diferentes disciplinas atléticas, inculcando os valores deportivos mais importantes como o respeto, o compañerismo e o esforzo como vías para a superación e a consecución de obxetivos.

Os atletas da Asociación Deportiva Limiactiva, participan nas probas mais importantes do calendario federativo, e en multidude de competicións populares, estando presentes ó longo da súa traxectoria en prestixiosas carreiras como a Maratón de Berlín, Madrid, Barcelona, Valencia ou San Sebastián.

Dende os nosos comezos, colaboramos activamente coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, na organización das dúas carreiras populares:

  •  Carreira Popular Nocturna
  •  10 kms. Vila de Xinzo de Limia.

Ademais por iniciativa propia organizamos xornadas de promoción do atletismo para nenos e nenas e colaboramos en outras probas como a Carreira Popular Torre do Castro no Concello de Sandiás e a Carreira Popular de Monterrei en Albarellos.

Orientación

No ano 2012, puxemos en marcha a sección de Orientación, gracias a que contábamos con Martín Morales, todo un experto na materia, entre os socios de clube.

Tras unhas primeiras tomas de contacto con este deporte, xa organizamos as primeiras probas de orientación, e pouco despois, puxemos en marcha o Circuito de Orientación Limiactiva, que contaba con probas en Bande, Allariz, Baronzás, Xinzo e Ourense.

baronzas 2012

Actualmente seguimos adiante co circuito, no que chegaron a participar unhas 250 persoas de todas as idades durante todo o ano.

Ademais, no 2014 organizamos a nosa primeira proba oficial, corrrespondente a Liga Galega de Carreiras de Orientacion a Pé, que celebramos na localidade de A Saínza.

As xornadas de promoción que estamos a facer nos colexios, así como as colaboracións coa Universidade de Vigo e o diario La Región, están facendo que este deporte xa non sexa un descoñecido entre a poboación ourensá.